
Incrementar as posibilidades de pesca de bonito foi unha das peticións de Antonio Basanta, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación da Xunta de Galicia, na reunión do Consello Consultivo Informal de Agricultura e Pesca, para preparar a xuntanza de ministros europeos que, nos vindeiros días, aprobará temas como o futuro das posibilidades para 2024 ou os obxectivos da próxima reunión da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (CICAA), que se celebrará do 13 ao 20 de novembro en Exipto.
Tenta tamén a Xunta que se evite o establecemento de cotas restritivas para espècies como a quenlla no Atlántico Sur, afectadas pola súa inclusión no apéndice da Convención sobre Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES).
Antonio Basanta dixo ante os representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que vai estar atento a como serán as posibilidades de pesca no aspecto político para o vindeiro ano porque os criterios utilizados darán pistas das que se podan presentar no Consello de Ministros de decembro, fundamental para a frota galega e no que se agardan sexan fixadas citas plurianuais para determinadas especies.



