Píscore Teatro leva o seu espectáculo “Molto Barroco” a Boiro e Ribeira

18 Outubro 2023

A agrupación Píscore Teatro representa en Boiro e Ribeira, este venres 20 de outubro e este sábado 21 (respectivamente), o espectáculo Molto Barroco. O venres representarase na Casa da Cultura de Boiro a partir das 20.00 horas e o sábado no Auditorio Municipal de Ribeira a partir das 21.15 horas. Molto Barroco é un espectáculo teatral-comedia de Píscore teatro para público familiar.

En palabras da agrupación Píscore, Molto Barroco é, antes que nada, “unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro”. Neste senso, Píscore ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.

Sinopse

Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o rei encarga ao compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares. 

Ficha artística
Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas
Dirección: Fran Rei
Duración: 55 min
Público: Público Familiar
Tipo espectáculo: Familiar

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.