“Os vellos rocanroleiros seguen vivos” – Antón Luaces

23 Outubro 2023

Están de volta. Desde o pasado venres, 20 de outubro, os Rolling Stones protagonizan o evento musical do ano e, seguramente, do que vai transcorrido do século XXI. Protagonista esencial: o 24º álbum de estudo da banda británica, Hackney Diamonds, que é tamén o primeiro en presentar novas cancións nos últimos 18 anos.

Un traballo feito a conciencia por unha banda con mais de 60 anos de vida, que naceu cando en Galicia aínda cantabamos Madrecita del alma querida, de don Antonio Machín, ou os máis xoves nos embelesabamos con Lone Star mentres Los Sirex anunciaban o que serían capaces de facer cunha vasoira ou Los Brincos serían quen de realizar de estaren bébedos.

Os protagonistas dese mundo para nós desco​ñecido e que coñecín discograficamente grazas a un amigo empregado da aeroliña TWA que traía de Londres un Ep (catro cancións nun disco de vinilo que foi posteriormente de ouro pola súa venda en case que todo o mundo). Es disco foi a primeira pedra da lenda do Stones, que foron e -vivos ou finados, son- integrantes dunha banda con máis de 60 anos de existencia: o indispensable Mick Jagger (de 80 anos) e Keith Richards (76 anos a cumprir no vindeiro mes de decembro), xunto a Ronnie Wood, o máis novo da banda, e Charlie Wats, o baterista que quedou no camiño en 2021. 

E Kackney Diamonds pode que sexa un novo dispositivo dimensional da carreira discográfica da banda de rock máis grande do mundo non tanto pola súa dimensión presencial como polo que significou e significa na historia da música contemporánea.

Anovadores do rock and roll após o sempiterno estadounidense Elvis Presley, os Rolling forman o eixo da resposta internacional ao denominado “black blues” ou “blues negro”.

Na avangarda das bandas da Bristish Invasion, formaron parte inexcusable da que se considerou contracultura dos anos 60. Formado en Londres en 1962, o grupo británico invadiu co seu estilo, escándalos  e (para algúns) paranoias ou peculiar sentido da vida, as emisoras de radio do mundo incluíron nos seus hits a popularísima Some girl, gravada en 1978 e da que venderon 10 millóns de copias. A discusión foi, daquela, quen era mellor, se The Beatles ou The Rolling Stones.

Obviamente, a resposta está en cada quen por máis que, se hai que se mollar, eu son máis dos Beatles.

No que atinxe aos Rolling, a súa primeira formación estaba composta por Brian Jones, guitarra e harmónica; Ian Stewart, piano; Mick Jagger, voz e harmónica; Keith Richards, guitarra e coros; Charlie Wats, batería, e Bill Wyman, baixo.

Mick Jagger e Keith Richards son, de lonxe, os integrantes máis coñecidos da banda,, se ben Keith é o único que se mantén no grupo desde a fundación deste. Charlie Wats entrou un pouco máis tarde, 1963.

De que a música non ten idade, como se di, a proba está nos Rolling, que veñen de montar en Nova York un concerto sorpresa para a presentación dese seu novo disco. Foi nun pequeno local, o Racket NYC. O concerto pechárono cantando un dos temas dese disco citado, Sweet Sounds os Heaven, xunto a Lady Gaga. Broche de ouro para as Súas Satánicas Maxetades. 

Longa vida.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.