O prazo para inscribirnos na XVIII Carreira Pedestre de Lestrobe remata este 8 de outubro

07 Outubro 2023

Este domingo 8 de outubro remata o prazo para presentarnos á XVIII Carreira Pedestre de Lestrobe. A proba foi presentada os días pasados polo alcalde do Concello de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís, xunto co técnico de deportes, Nando González. A carreira, que conta cunha gran tradición, celebrarase o vindeiro 12 de outubro no entorno de Lestrobe (Dodro). Como novidade, esta edición está dentro do IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.

Haberá cinco categorías: Absoluta 10K (10 quilómetros), Sub 14 e Sub 16 (3,7 quilómetros), Sub 12 (1.3 quilómetros), Sub 10 (750 m), Pé de Millo (650 m) e Pavón (100 metros).

As persoas interesadas en obter máis información e en inscribirse, poderán realizalo na páxina de carreirasgalegas.com.

Para pechar todos os detalles da organización da proba, o departamento de Deportes do Concello de Dodro convocou a solicitude de colaboración de voluntariado, a través do 981 802 532 e a conta deportes@dodro.gal ou en persoa nas oficinas do Pavillón Polideportivo Municipal de Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.