O Partido Popular de Ribeira reprochou ao Executivo local a deixadez nos algo máis de 100 días de mandato que está a provoca un atraso de, polo menos, nove meses, na tramitación do proxectado polígono industrial de Pedras Vermellas.
Así o afirmaron os edis populares Vicente Reiriz e Álex Vidal, quenes trasladaron a preocupación que teñen no partido e no empresariado pola paralización dos trámites desa infraestrutura, expresando as súas dúbidas sobre se o tripartito será capaz de levalo a cabo.
Segundo os concelleiros as actuacións que tiña que facer o goberno actual, está a realizalo a Asociación de Empresarios de Ribeira. Reiriz indicou que o informe que está pendente de mandar a Deputación non é vinculante, polo que se pode seguir avanzando na tramitación da devandita infraestrutura.




