O Pazo de Rianxiño lucirá a súa nova faciana ambiental nunha xornada de portas abertas (este 27 de outubro)

19 Outubro 2023

O vindeiro día 27 de outubro o Pazo de Rianxiño acollerá unha xornada de portas abertas destinadas a permitir que a veciñanza e os visitantes poidan comprobar as melloras ambientais, naturais e decorativas realizadas na contorna do inmóbel polo alumnado do Obradoiro de Emprego posto en marcha polo Concello.

Realizaranse visitas guiadas polo propio alumnado (que porán o foco na recuperación dos xardíns e nas zonas verdes da fortaleza) e unha pequena exposición fotográfica dos cambios realizados.

O horario será de 10.00 h a 12.00 h.

Como dixemos, os traballos de posta a punto foron realizados polo alumnado participante no Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, impulsado polo Concello para fomentar a formación cualificada e a ocupabilidade no termo municipal. Os participantes tamén traballaron recentemente na mellora, a limpeza e o mantemento da senda litoral rianxeira.

Por certo que Rianxo contará en breve con outro obradoiro de emprego, Monte Noso. De feito, o Concello de Rianxo vén de recibir 398.284,65€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a posta o funcionamento desta nova iniciativa que permitirá formar a 15 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, así como en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes. Prevese que o obradoiro bote a andar a comezos de novembro e en vindeiras datas publicarase a convocatoria de selección do persoal de formación, así como a solicitude de alumnado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.