O Museo do Gravado colabora con obras de Dalí e de Toulouse-Lautrec na nova mostra (“Artistas y modelos”) da Fundación Canal Isabel II

03 Outubro 2023

O Museo do Gravado (Artes, Ribeira) informou da inauguración da exposición Artistas y modelos. Historias de pasión, creación y destrucción, que terá lugar o martes, 10 de outubro de 2023, ás 18.30 horas, na Sala Mateo Inurria 2 de Madrid da Fundación Canal Isabel II. Nesta exposición colabora a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Museo do Gravado)coa cesión de fondos.

Os fondos cedidos son 3 obras do artista catalán Salvador Dalí pertencentes á serie A Divina Comedia e máis a serie Elles, que se compón de 11 litografías de Toulouse-Lautrec.

A exposición estará aberta ao público do 11 de outubro de 2023 ao 5 de xaneiro de 2024.

Na exposición participan grandes creadores como Toulouse-Lautrec, Picasso, Dalí, Francis Bacon, Antonio López, Sorolla, Chillida, Man Ray ou Robert Capa e extraordinarias artistas como Maruxa Mallo, Amparo Segarra, María Moreno, Gerda Taro ou Lee Miller están presentes nesta exposición con obras que narran as súas relacións románticas coas súas fontes de inspiración. “Relacións que en ocasións foron o seu gran apoio vital e profesional e noutras devastadoras paixóns destrutivas”, sinalan dende a dirección do Museo do Gravado, engadindo que a través desta proposta da Fundación Canal Isabel II “poderemos desfrutar de 99 pezas que falan do xenio, máis alá da súa obra; dos seus sentimentos, as súas paixóns inconfesábeis ou a súa admiración polas mulleres ou os homes que amaron, persoas que nalgúns casos marcaron o descorrer de toda a súa traxectoria; noutros, momentos puntuais ou intercambios de complicidade e admiración mutua”.

Trátase, engade o museo dirixido por Xoán Pastor Rodríguez, dunha “ollada imprescindíbel para entender a estas grandes figuras da historia da arte”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.