O filme que documenta o regreso de La Polla Records proxéctase este sábado en Boiro

05 Outubro 2023

Ao abeiro do Ciclo de Cinema Mestre Mateo que se está desenvolver en concellos como o de Boiro, a través do que se proxectan as mellores contribucións das nosas creadoras e creadores ao audiovisual nos seus diferentes formatos, o Centro Social boirense acollerá este sábado 7 de outubro a proxección gratuíta de Non somos nada. Será ás 20.00 horas.

Non somos nada foi recoñecido como mellor documental na XXI edición dos Premios Mestre Mateo.

Sinopse

Tras anos de silencio, a lendaria banda vasca La Polla Records regresa aos escenarios por sorpresa. Evaristo Páramos, o seu carismático vocalista, anúnciao en roda de prensa. Os seus miles de seguidores corren a voz e prepáranse para o acontecemento. Evaristo fai memoria desde a súa pel de punk aldeán. O seu relato enrédase con cancións, fotografías, fragmentos de animación e vellos vídeos da banda. Mil e un concertos quedan no recordo.

Ficha técnica

Dirección: Javier Corcuera

Axudante de dirección: Jacobo Rivero

Produción: Gael Herrera, Miguel Paredes, Natalia de Ancos

Produción executiva: Gael Herrera

Produción asociada: Tamboura Films, La Mula Producciones, Intermedia Producciones, Instituto Del Cine De Madrid, Altahabana Films, La Cara A, Quechua Films

Dirección de fotografía: Mariano Agudo

Cámara: Hugo Carmona, Mariano Agudo, Andrés Zoilo, Eduardo Montero

Son directo: Daniel de Zayas

Montaxe: Martin Eller

Animación: Manuel Viqueira

Documentación: Miguel Ángel Paulo, Jacobo Rivero, Ana Prada

CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO

Mellor documental

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.