O Concello de Ribeira súmase á XII limpeza simultánea de praias (este sábado en Coroso)

02 Outubro 2023

Este ano o Concello de Ribeira súmase á XII de Limpeza Simultánea de Praias que convoca anualmente a plataforma ecoloxista galega ADEGA. O vindeiro sábado 7 de outubro a concellería de Medio Ambiente organiza unha limpeza na praia de Coroso de 10.00 a 13.00 horas.

Segundo explicou a concelleira Antía Alberte, “o punto de encontro será na caseta de socorristas de Coroso e o facilitaremos bolsas e luvas a tódolos participantes”.

A edil engadiu que “o lixo que se acumula nas praias pode ser arrastrado polas mareas cara ao océano, polo que este tipo de limpezas contribúen a previr a contaminación no noso mar.”

Tódolos voluntarios poderanse inscribir no código QR do cartaz ou na ficha de inscrición habilitada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.