O Concello de Boiro impulsará a 3ª edición do Obradoiro de Emprego Torre de Goiáns

10 Outubro 2023


O Concello de Boiro recibiu da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unha subvención por importe de 531.046,20 euros para a realización da nova edición (a terceira) do Obradoiro Dual de Emprego Medioambiental Torre de Goiáns. A formación é de nivel 2 e está destinada a 20 alumnos e alumnas e será de un ano de duración. Estará dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cada unha.

O Concello explicou que por unha banda vaise impartir a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e pola outra a de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O alumnado contará cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais cun horario de 7.30 a 15.30 horas durante 12 meses.

As persoas participantes formarase de xeito teórico e tamén práctico con actuacións a desenvolver en materia de prevención de incendios forestais en monte Peón e monte do Sino, na zona verde dos castros de Neixón, no Camiño A Orixe (tarefas de conservación e valorización), no Pazo de Goiáns (mantemento e conservación da zona verde), Polígono de Espiñeira (axardinamento das rotondas de acceso), no parque da Cachada (axardinamento e mellora paisaxística) na céntrica praza de Galicia (acondicionamento dos xardíns).

Fontes do Concello engadiron que para participar neste obradoiro é preciso que as persoas candidatas estean insritas como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar ‘taller de emprego’. Ademais do alumnado traballador, vaise contratar persoal docente para o desenvolvemento do programa formativo. Contratarase a un director/a, un técnico forestal, un docente titor e dous docentes. Os procesos selectivos para o profesorado publicaranse na web municipal (www.boiro.gal) no apartado Procesos Selectivos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.