Un sábado máis (como todos os primeiros sábados de cada mes), a Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) volve ás rúas “polas que xa non poden berrar” e esixir o remate da violencia contra as mulleres (e unanimidade das forzas políticas e sectores sociais contra a violencia de xénero). A acción encádrase na convocatoria Sábados de Loito, Sábados de Loita e será, novamente, un acto reivindicativo en memoria e homenaxe das vítimas das agresións machistas, “para darlles a voz que lles arrebataron”, sinalan Mulleres en Acción. Será este sábado primeiro de outubro ás 13.00 horas na praza do Concello de Ribeira.




