O club + D Monte iniciará á veciñanza de Noia nos beneficios da marcha nórdica

17 Outubro 2023

O club deportivo noiés + D Monte presentou os días pasados a súa primeira actividade formativa: o Curso de Iniciación á Marcha Nórdica. Será unha proposta de adestramento e capacitación de balde e destinado a todas as idades.

O 18 de novembro, de 16:30 h a 18:30 h, celebrarase a presentación da actividade e a iniciación á técnica. Será no Edificio do Casino de Noia.

O 25 de novembro, de 16:30 h a 18:30 h, e o 2 de decembro, de 11:00 h a 13:00 h, desenvolveranse as clases prácticas.

Máis información e inscricións na conta de correo masdemonte@gmail.com e no teléfono 663 230 406 (Whatsapp). Tamén na conta @maisdemonte (instagram).

Para quen non o saiba, a marcha nórdica ou camiñada nórdica (en inglés, Nordic Walking) é un deporte de resistencia e unha forma de exercicio ao aire libre que consiste en camiñar coa axuda e impulso de bastóns similares aos utilizados no esquí.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.