O Centro Social de Boiro acolle este mes a mostra “Madeiras do Mar” de Ruth Beltrán

06 Outubro 2023


Ruth Beltrán inaugurou este xoves 5 de outubro, no Centro Social de Boiro, a mostra Madeiras do Mar, que se poderá visitar no segundo andar do centro durante o mes de outubro. A concelleira de Cultura, María Outeiral, acompañou á autora na inauguración da proposta artística, que xorde do proxecto Madeira Zombi, nado hai tres anos para, entre outras cousas, recuperar madeiras abandonadas para dotalas dunha nova vida a través da súa conversión en arte.

As crebas que compoñen esta mostra están recollidas nas praias e nas rochas, son madeiras que tiveron antes unha vida útil vinculada a oficios e paisaxes.

A mostra recolle imaxes de embarcacións, industrias, oficios ou da propia vida mariña que se transfiren a pezas de madeira. Madeiras do Mar busca tamén ser unha homenaxe á tradición mariñeira e ás historias de persoas ou empresas que, co seu esforzo vital, fortaleceron o vínculo de Galicia co mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...