“O BNG reclama para Galicia a xestión e réxime financeiro do uso público marítimo-terrestre” – Antón Luaces

17 Outubro 2023

Con algo máis de 2.500 quilómetros de costa, Galicia mobiliza 8.800 millóns de euros no sector mar industria, o que converte a este na cuarta actividade económica da comunidade galega e xera o 5% do seu PIB.

Son datos que, ensarillados, barallou no Parlamento galego Luis Bará, viceportavoz do BNG na cámara, evidenciando así que Galicia é a décima potencia exportadora de produtos pesqueiros e marisqueiros por diante de países como Islandia e Xapón. 

Son argumentos que xustifican a defensa do BNG dunha proposición de lei para o traspaso de competencias públicas terrestres como “vía de solución” ao recurso presentado polo Goberno central en contra da Lei Galega de Litoral, motivo nos últimos tempos de amplos debates.

O BNG é contrario a este recurso da Xunta que entende se puxo con  presas e tramitando a lei de xeito “exprés” coa intención de “crear conflito” co Goberno do Estado porque, recalcou Bará, a Xunta non quere a transferencia como o demostra o feito de que tivo a oportunidade de reclamar durante o goberno de Mariano Rajoy para facilitar a Galicia esta competencia, e nese momento non a reclamou.

O BNG discrepa e manifesta a “súa rotunda oposición” á presentación do recurso de inconstitucionalidade porque é “unha decisión unilateral e inxustificada”. Unilateral porque non foi convocada a Comisión Mixta integrada pola Xunta e o Estado para abordar as discrepancias, e inxustificada porque os argumentos non son o verdadeiro motivo do recurso. 

Os nacionalistas defenden as plenas competencias de Galicia a respecto do litoral, co mar e a costa e tendo en conta que Galicia é a comunidade do Estado con máis costa e “o mar e a costa forman parte da nosa vida e identidade”, a máis da repercusión no ámbito económico e do emprego.

O Estatuto de Galicia recolle as competencias tamén en materia do dominio público terrestre, polo que esta Comunidade Autónoma pode exercer as competencias en materia do litoral, pero parte das competencias están suspendidas “de facto” antes da presentación do recurso.

A Xunta eludiu o informe do Consello Consultivo, reducindo os prazos á metade a máis de impedir a participación ampla dos sectores relacionados co mar, e o BNG salienta que a Xunta “tiña un plan porque a súa intención era un conflito co Goberno central, que mordeu o anzol”,

O PP amosa intereses polo litoral cando o Goberno central cambia de posición a respecto de ENCE, afirmou Luis Bará, quen denunciou a falta de transparencia da Xunta en materia das competencias porque sobre a demanda da reclamación de transferencia do litoral existe un acordo do ano 2009 e se realmente o goberno galego quixera esta transferencia, tiña que ter aproveitado o goberno de Mariano Rajoy. Pero ao PP non lle interesaba e a Xunta comezou a interesarse “ante o cambio de posición do Goberno central a respecto de ENCE”, da prórroga da concesión e da duración destas para o complexo mar-industria.

A Lei de Costas e de Cambio Climático contempla como propias do Estado as competencias do dominio marítimo-terrestre e a Xunta non pode legalizar 4.000 concentracións nin centros de saúde  ou polideportivos e moito menos “autorizar a continuidade de instalacións como ENCE”.

Outros artigos

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.