O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e o concelleiro de Participació Veciñal, Xabier Vidal, mantiveron este luns 9 de outubro reunións en Carreira e A Graña co propósito de atender as necesidades da veciñanza nas distintas parroquias.

Durante as xuntanzas a pé de rúa; abordáronse necesidades locais como o mantemento e limpeza dos espazos públicos, as infraestruturas e as zonas verdes municipais. No transcurso de ambos encontros o alcalde reafirmou o seu compromiso cun concello máis limpo e atendido e cuns equipamentos en mellor estado, poñendo o foco nas parroquias, na accesibilidade, no acceso a servizos esenciais e no benestar de toda a cidadanía.
“A participación veciñal e a atención ás parroquias son aspectos fundamentais na xestión dos gobernos municipais” explicou o rexedor Luís Pérez, engadindo que “cada parroquia ten necesidades específicas, e é a nosa responsabilidade garantir que estas sexan abordadas de xeito efectiva.”



