O 1 de novembro celébrase a IX edición da Carreira Popular Concello de Rianxo

18 Outubro 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa, o Concello de Rianxo, o Club de Atletismo de Rianxo e a Deputación da Coruña convocaron a novena edición dun dos acontecementos deportivos máis relevantes deste outono no panorama comarcal e galego: a Carreira Popular Concello de Rianxo, proba pertencente ao Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa e ao IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Será o 1 de novembro a partir das 16:30 h, con saída na praza de Castelao, en Rianxo. As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición ou recadar máis información poden visitar a web da Mancomunidade.

A proba abéirase ao Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa (4 carreiras, 1 meta), un programa anual de eventos que fomenta a práctica da actividade deportiva na natureza ao mesmo tempo que se coñecen os recursos e paisaxes do destino Barbanza Arousa. Está promovido e organizado de maneira colaborativa entre a Mancomunidade Barbanza Arousa e as concellerías de deportes de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.

As inscricións na IX Carreira Popular Concello de Rianxo rematan o domingo 29 de outubro ou ao completarse a cota de prazas dispoñíbel.

Como dixemos, a proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

  • IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
  • VI Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte:Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Outros artigos

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Noia ponse en marcha contra o cancro este sábado 19 de setembro

Este sábado 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.