
Co gallo da 25.ª edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, na Pobra do Caramiñal, este pasado domingo foi o turno da representación de Tatana Teatro que leva por título «Carita de plata». Estrea absoluta sobre o escenario do Teatro Elma desta vila valleinclaniana.
Baseada no texto de «CARA DE PLATA. Comedia barbara» de Valle-Inclán, escrita por don Ramón no Casal da Mercé (Santo Isidro de Posmarcos), A Pobra do Caramiñal, segundo documentan as súas cartas privadas con Manuel Azaña, entre as que custodia o Museo Valle-Inclán do Caramiñal, e publicada como libro hai 100 anos (1923).
Esta compañía teatral da Arousa leva anos colaborando coas localidades natal (Vilanova) e adoptiva por razóns biográficas, devocionáis e literarias (A Pobra) e participando no programa de actos organizado pola institución cultural pobrense, a que é a entidade valleinclaniana e museística decana do país.
O numerosísimo público que encheu a cabida do Teatro Elma pudo disfrutar dunha versión actual do texto, proposta que aúna respecto polo texto clásico e desenfado dramático, tinxido dun fino humor que fai as delicias dos asistentes. Teatro dentro do teatro, é dicir, o corpo artístico de actores e actrices adoptan a interpretación dun ensaio xeral mais con guiños cara o público. Sen dúbida, o teatro de base, e a numerosísima asistencia, seguen a dar demostracións de que por os focos sobre Valle-Inclán tamén en Galicia é sinónimo de profesionalidade e de éxito.

Mesmo houbo cabida para a sorpresa, pois que, rematada a función, e cando o elenco artístico saíu para recibi-los aplausos do público congregado, Fátima Rey, directora e autora desta adaptación, chamou subir ao escenario a Santos Oujo Bello. O que, alleo á sorpresa, recibiu unha homenaxe pola súa traxectoria persoal en promoción e visibilización do Fausto céltico Valle-Inclán. A este barbanzá, tan fiel á súa Ribeira como á Pobra do Caramiñal, débelle Galicia que, sendo concelleiro de turismo e industria nos primeiros gobernos autonómicos, o parlamento galego aprobase unánimemente por tódolos partidos as súas propostas para crear a Fundación Valle-Inclán e declarar esa entidade como de Interese Público de Galicia.
Plataforma de xestión cultural dende a que propiciou a democratización da figura de don Ramón del Valle-Inclán por tódalas localidades valleinclanianas, sen vetos nin excepcións, nin menosprezo dunhas sobre outras. Non obstante, a dita Fundación arrastra actualmente case que unha década en impás de espera, agardando a que as administracións públicas de Galicia, por competencias o consello de fundacións da Xunta de Galicia, convoquen aos padroeiros como Santos Oujo Bello para constituir una nova directiva tras do pasamento do seu derradeiro presidente, Xerardo Fernández Albor. O que forza a unha parálise de actividades do ente que o Conselleiro Barbanzá conqueriu por unanimidade parlamentaria.




