A directora do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC, María Esther Olveira, a concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Cruz Rivadulla Márquez, e a profesora de Literatura Galega Contemporánea da USC Ánxela Rodríguez, inauguraron este martes 3 de outubro un novo curso do IV Ciclo da USC no Centro Cultural Lustres Rivas.

A oferta académica deste curso, no que se matricularon un total de 50 alumnos e alumnas, é de Literatura Española Contemporánea, O Camiño de Santiago, Historia da Arte en Compostela, Aspectos Básicos da Calidade de Vida, Medicamentos e Comunicación Xornalística.

“Este ciclo, dirixido a maiores de 50 anos, brinda aos participantes a oportunidade de aprender de profesores e conferenciantes altamente cualificados así como de explorar novos intereses e manterse actualizados e distintas areas de coñecemento”, explicou a concelleira Cruz Rivadulla.



