Mar mostra a súa disposición para financiar unha parada temporal na actividade marisqueira das nosas rías

24 Outubro 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acudiu este martes 24 de outubro a Noia para atender as demandas dos profesionais do sector marisqueiro despois dos problemas de inicio da campaña derivados da escaseza de capturas. Acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, no encontro celebrado na sede da confraría de pescadores noiesa o titular de Mar dialogou cos representantes do sector co fin de coñecer in situ a súa problemática e artellar as medidas que contribúan a paliar a súa situación. Co mesmo obxectivo, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, tamén se reuniu en Santiago coa asociación de Rañeiros de Arousa e varias confrarías das dúas bandas da ría.

Os representantes da Xunta transmitiron ao sector que “dende o Goberno galego existe a disposición de financiar unha parada temporal da actividade”, pero que antes “é necesario atender as condicións que marca a entrada en vigor do novo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), que abre a porta a que non so as embarcacións, tamén o marisqueo a pé, poda contar con estas axudas”. Segundo sinalaron, estase á espera de que o Goberno central publique o Real Decreto que regule as paradas definitivas e temporais que actualizará as contías de parada por armador e tripulante, e tamén incluirá xa aos mariscadores a pé, para verificar que se podan cumprir os condicionantes que trae o regulamento para poder acceder a estes apoios. De confirmar que se cumpran estes requisitos regulamentarios e de facer a tramitación encargarase a Dirección Xeral de Pesca.

Pola súa banda, á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e ás xefaturas territoriais corresponderalle a propia regulación da actividade marisqueira, cumprimentando os trámites de verificación e testificación do estado biolóxico dos recursos e das posibilidades de recuperación do recurso.

O conselleiro mostrou a súa preocupación pola situación do marisqueo nas rías galegas, sinalando que “é fundamental reunirse cos afectados e continuar así o traballo e os encontros realizados polas direccións xerais e as xefaturas territoriais”. Nun ano que, recoñece, “non foi propicio para o crecemento dos moluscos”, o conselleiro aposta “por tomar as medidas que sexan necesarias co fin de recuperar a produtividade e que partan do diálogo, do consenso e o aval científico”.

Alfonso Villares sinalou que para “a Xunta de Galicia e a Consellería do Mar é fundamental que o sector funcione e, en anos atípicos como é o presente, haberá que tomar decisións pero sempre de forma dialogada e en base ao coñecemento”.

Tamén lembrou que no período marcado polo anterior Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de Noia recibiu máis do 3 millóns das axudas a proxectos para a mellora dos seus bancos marisqueiros. Segundo dixo, nesta zona as mostraxes dos bancos xa anticipaban a alta mortaldade, porén a alta taxa de recrutamento, a máis alta para este molusco que se rexistrase nunca, “anticipa que a produción desta especie poderíase recuperar en 2024”, feito polo que se pensa agora en resgardar esta cría, sinalou, ao tempo que recordou que na ría de Arousa aprobáronse, entre 2017 e 2023, un total de 95 proxectos de conservación e restauración por un importe de case 4 millóns de euros, “o que permitiu realizar emendas do substrato mediante arados e aporte de áridos sobre un total de 2,6 millóns de m2 e sementar mais de 52 millóns de unidades de ameixa”, sinalou.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...