Máis dun cento de representantes da actividade produtiva vinculada ao mar, entre eles a Sociedade Cooperativa de Ribeira, advirten do impacto que xenera o recurso contra a representantes da actividade produtiva vinculada ao mar

28 Outubro 2023

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participarán xunto a representantes do sector pesqueiro e marisqueiro e da cadea mar-industria nun acto en defensa do litoral galego.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participaron hoxe no Acto pola protección do sector pesqueiro, marisqueiro e da cadea mar-industria e en defensa do litoral galego, un encontro que reuniu na Cidade da Cultura de Santiago a un centenar de representantes de todos os ámbitos da actividade produtiva vinculada ao mar. Confrarías de pescadores, industrias transformadoras e conserveiras, depuradores de mariscos, bateeiros, armadores e responsables da patronal galega congregáronse no Edificio Fontán do Gaiás para defender, todos a unha, que Galicia debe ter a potestade de decidir sobre a súa costa.

No encontro, onde se deu lectura a un manifesto onde o conxunto da actividade se lamenta do lesivo recurso ante o Tribunal Constitucional contra a Lei do litoral de Galicia.
Unha decisión que provoca inseguridade xurídica e pon en risco a actividade, o emprego, servizos e mesmo a nas localidades costeiras galegas, ademais de paralizar obras de saneamento e poñer en perigos distintos tipos de servizos.

Ángeles Vázquez defendeu a Lei do litoral galega como unha norma “que non vai contra ninguén”, unha lei “boa” e que busca garantir unha xestión integrada do dominio público
marítimo-terrestre que ofreza “seguridade xurídica” ás actividades estratéxicas ao tempo que preserva os seus valores, polo que lamentou a negativa do Estado a dialogar coa
Xunta sobre a norma, antes e despois da súa aprobación.

Así e tras anunciar o pasado 10 de outubro que recorrería a norma galega ante a Xustiza, a vicepresidenta censurou a falta de “transparencia” demostrada unha vez máis polo
Executivo central que, segundo dixo, nin sequera comunicou ao Consello de Estado a súa decisión de presentar o recurso, tal e como lle confirmou esta semana por carta á Xunta o propio organismo estatal.
Por todo o exposto, Vázquez Mejuto resaltou a importancia do manifesto presentado hoxe en defensa dun sector “clave” para a comunidade e do litoral galego no seu conxunto,
unha “fronte común” necesaria, engadiu, para facer que se escoite en Madrid “a voz do mar” e deixar claro que “con Galicia e a súa costa non se xoga”.
Pola súa banda, Alfonso Villares argumentou ningunha outra iniciativa lexislativa sitúa “á pesca, marisqueo ou miticultura cun nivel de protección tan alto como fai a norma galega”.
O titular de Mar recordou que recoñecía estas actividades como “estratéxicas e prioritarias”, algo que gañou relevancia despois de constatar como se aprobaron os Plans
de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) polo Goberno central: sen diálogo ningún coas comunidades autónomas nin cos sectores implicados.
O conselleiro do Mar considera que esa é a clave de que a cadea mar-industria depositase toda a súa confianza na aprobación, o pasado 6 de xullo, da Lei do litoral de Galicia, a
Loxilga, pois a norma autonómica, agora en suspenso, recoñece con total claridade o uso pesqueiro, marisqueiro e acuícola como “estratéxico e prioritario” para o desenvolvemento sustentable do litoral.
Tamén se sumou Alfonso Villares á mensaxe de que desde o Goberno central en funcións non poden deixar de escoitar o clamor que medra cada día máis en Galicia en defensa do seu sector produtivo e do seu litoral, instando novamente a rectificar, dar marcha atrás e permitir que Galicia tome o temón das súas competencias sobre a costa e os caladoiros.
Por parte do mundo do mar os encargados de transmitir as inquedanzas deste conxunto de actividades foron o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores,
José Antonio Pérez Sieira, e a presidenta da Comisión Mar-Industria da patronal autonómica (CEG), Isabel Cañas. No manifesto que leron entre os dous deféndese o valor
fundamental do sector marítimo-pesqueiro para Galicia, unha actividade estratéxica que sustenta máis de corenta mil empregos e xeran nove mil millóns de euros de actividade
produtiva, cun peso que non ten parangón nin no resto de España nin no conxunto da UE.
Presencia de todas as actividades
O manifesto asinado hoxe foi subscrito por distintas entidades da cadea mar-industria de Galicia e preténdese que se estenda entre moitas máis, co obxectivo de conformar unha forte fronte común na defensa do litoral galego e de que as decisións sobre este ámbito se podan tomar desde a comunidade autónoma.

No acto en Santiago estaban os máximos responsables da federación galega e das tres federacións provinciais de confrarías de pescadores, así como decenas de patrons
maiores e membros dos cabildos dos pósitos; a cúpula de Anfaco-Cecopesca e da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI); de Pescagalicia-Arpega; Amegrove;
da Asociación de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade); os palangreiros de Orpagu; a Asociación de produtores de Rodaballo de Galicia (Aroga); a Asociación
Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca); as redeiras de O Peirao; a Sociedade Cooperativa Santa Uxía de Ribeira; a Federación Galega da Construción (Fegacons); e os
responsables da maioría dos grupos de accións locais en pesca (GALP), entre outros colectivos e empresas.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participarán xunto a representantes do sector pesqueiro e marisqueiro e da cadea mar-industria nun acto en defensa do litoral galego.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...