Máis de 70 persoas participaron este sábado na xornada de portas abertas de Amicos

23 Outubro 2023

A asociación inclusiva da nosa comarca Amicos celebrou este sábado 21 unha xornada de portas abertas. A actividade reuniu máis de 70 persoas na súa sede de Comoxo, Boiro. Entre os asistentes atopábanse socios, familias, empresas, persoal educativo, etc. Durante dúas horas, as e os participantes puideron coñecer de primeira man as instalacións e os servizos cos que conta o centro acompañados de Pilar Sampedro, responsábel de centros da asociación, e Sonia Fuentes, coordinadora de centros.

O evento, que comezou sobre as 11:30 horas, consistiu nun percorrido polas instalacións no que as persoas participantes puideron ver de xeito directo como funcionan o espazo de rehabilitación avanzada e a aula de estimulación, coñecer o traballo que realizan as áreas de Emprego e Transformación, e realizar distintas actividades para coñecer en profundidade a actividade do centro.

Durante a estadía na sede de Amicos en Comoxo as e os visitantes tamén puideron implicarse nun obradoiro centrado nos servizos que ofrecen a Unidade de Atención Temperá e o Centro de Educación Especial, situados ambos na Escola de Educación Especial que a asociación ten en Oleiros, Ribeira.

Tamén realizaron un obradoiro no que traballar a expresión a través da música e a pintura, e un xogo interactivo de preguntas no que puideron poñer a proba os novos coñecementos sobre a asociación Amicos.

Debido ao éxito de participación, os asistentes foron divididos en dous grupos conducidos por Pilar Sampedro, responsábel de centros da asociación, e Sonia Fuentes, coordinadora de centros, para realizar o percorrido. Este rematou coa proxección dun vídeo para coñecer os espazos que non se puideron ver durante a visita para salvagardar a privacidade dos residentes do Fogar Amicos. A xornada finalizou sobre as 13.30 horas cun aperitivo elaborado e servido polo equipo Ñam Ñam de Amicos, que contou con Yassin e Manuel, residentes do Fogar Amicos, como camareiros. Foi entón cando os asistentes puideron compartir as súas dúbidas e preguntas de forma distendida co equipo da asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.