Máis de 6,6 millóns de euros en axudas para as áreas de rehabilitación dos camiños de Santiago, da Ribeira Sacra e das Illas Atlánticas

25 Outubro 2023

A Xunta de Galicia destinará este ano un total de 6.617.000 á concesión de axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios residenciais nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) supramunicipais dos Camiños de Santiago, da Ribeira Sacra e na do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O próximo luns, 30 de outubro, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pola que se realiza a convocatoria correspondente ás referidas liñas de axudas para 2023.

O Faro de Sálvora

Máis polo miúdo respecto do destino concreto das contías, para a ARI dos Camiños a dotación será de 5.472.000 euros, para a da Ribeira Sacra ascenderá a 1.133.000 euros e no caso da ARI das Illas Atlánticas, convocaranse por 12.000 euros. As solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte da súa publicación (é dicir, desde o 31 de outubro) e ata o 30 de novembro, salvo que previamente se esgote o orzamento dispoñible.

Para poder acollerse a estas subvencións é requisito imprescindible contar coa cualificación definitiva outorgada polo IGVS, que se obtén despois de realizar as obras de rehabilitación, para as que previamente deberá obterse a cualificación provisional.

No ámbito das tres ARI supramunicipais poderán solicitar a cualificación provisional as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades; as agrupacións de propietarios; e as persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

A contía das axudas non poderá superar o 50% do importe subvencionábel da actuación. Este límite incrementase ata o 75% se os ingresos da unidade de convivencia promotora da actuación e residente na vivenda son inferiores a 3 veces o IPREM ou cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. O importe máximo das axudas poderá acadar os 30.000 euros.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.