Máis de 300 incidencias polo mal tempo, segundo os datos recollidos no 112 Galicia

17 Outubro 2023

Maioritariamente, as petición de axuda no 112 Galicia estiveron relacionadas coa presenza de árbores caídas nas vías, e tamén o desprazamento de mobiliario urbano e cableado.

Cómpre salientar que en ningunha destas situacións se rexistraron danos persoais, e destacamos a provincia de Pontevedra como a máis afectada en canto ao número de intervencións contabilizadas: 120 ata as 18 horas.

Do mesmo xeito, tivemos constancia de ao menos tres embarcacións que se soltaron do amarre ou a piques estiveron: dúas no Grove e outra en Muros.

En definitiva, 316 incidencias desde as 00:00 ata as 18:00 horas de hoxe, das cales 174 foron árbores e pólas caídas. Igualmente, é importante subliñar a acción dos equipos de emerxencias para evitar riscos maiores, como a retirada temperá de vexetación (42 incidencias deste tipo), e tamén danos no cableado eléctrico e/ou telefónico (27) e obxectos arrastrados polo vento (23).

No reparto por provincias, Pontevedra é a máis afectada con 120 intervencións, entre as que podemos destacar algunha chamada sobre a presenza de bolsas de auga na PO-11 debido á marea alta e ao impulso do vento. Segue A Coruña con 92 incidencias, Lugo con 56 e Ourense con 48.

O principal é que ningunha destas situacións causou danos persoais, e a recomendación na que insistimos é a máxima precaución nas vías.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.