Lousame acolleu a primeira maratón de biodiversidade

28 Outubro 2023
O mal tempo non impediu que esta fin de semana se celebrase en Froxán, en Lousame, o 1º “Bioblitz” que organiza Montescola coa colaboración da Deputación da Coruña e o apoio da Asociación Galega de Custodia do Territorio.
 
Un “bioblitz” é unha especie de maratón de biodiversidade no que as participantes deben localizar e identificar tantas especies como sexa posíbel nun espazo determinado, neste caso a Área Conservada de Froxán, que em 2017 foi recoñecida polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como unha das “Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais” (ICCA, nas súas siglas en inglés).
 
No venres achegáronse a Froxán medio cento de estudantes de arquitectura da paisaxe da Escola Politécnica Federal de Zúrich que exploraron o territorio nunha visita de campo facilitada pola Fundación Ría mentres que no sábado a xornada adicouse á identificación de especies, localizándose varias das incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, como o musgo luminoso (Schistostega pennata), o morcego de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) ou unha especie rara de fento (Dryopteris guanchica).
As participantes puideron aprender a utilizar a aplicación de ciencia cidadá iNaturalist, de acceso libre e gratuito, que utilizada algoritmos de intelixencia artificial para facilitar a identificación das especies, observacións que logo son validadas por unha comunidade de máis de 3 millóns de usuarias.
 
Na xornada identificáronse dúas novas poboacións de musgo luminoso, especie protexida e con presenza escasa, nunha parcela da Fundación Montescola adquirida co apoio da Deputación da Coruña. A parcela forma parte dun proxecto de restauración ambiental máis amplo que busca conservar e por en valor o espazo natural da contorna da Área Conservada de Froxán.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...