Lousame acolle este sábado a primeira maratón de biodiversidade

25 Outubro 2023

O mal tempo non impedirá que máis de medio cento de entusiastas da natureza se acheguen a Froxán, en Lousame, o próximo sábado 28 para participar na primeira edición do Bioblitz, unha actividade participativa e aberta que organiza Montescola coa colaboración da Deputación da Coruña e o apoio técnico da Asociación Galega de Custodia do Territorio.

No Bioblitz, unha especie de maratón de biodiversidade na que as participantes deben localizar e identificar tantas especies como sexa posíbel nun espazo determinado, neste caso a Área Conservada de Froxán (que en 2017 foi recoñecida polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como unha das Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais, ICCA, nas súas siglas en inglés).

Para realizar este inventario participativo de biodiversidade utilizarase a aplicación iNaturalist, de acceso libre e gratuito, que conta cun proxecto específico para Froxán.

O evento está aberto á participación de calquera persoa, sendo o punto de encontro a vía de acceso á aldea de Froxán. Ás 11:00 farase unha presentación da xornada e do espazo, así como da propia aplicación móbil para quen a utilice por primeira vez.

Tamén se habilitou un lugar a cuberto para que as participantes poidan comer e compartir descubertas, proporcionando a organización café e bebidas. Ademais, acompañarán toda a xornada biólogas da Asociación Galega de Custodia do Territorio que resolverán calquera dúbida e darán pistas para explorar hábitats de interese. O evento forma parte das actividades organizadas por Montescola co apoio da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.