Isorna acolle a vindeira semana unha charla para coidadoras/es de persoas maiores

18 Outubro 2023

Isorna (Rianxo) vai acoller o vindeiro 25 de outubro unha nova actividade de reforzamento do envellecemento activo e a calidade de vida das persoas maiores. Trátase dunha xornada abeirada ao programa de colaboración desenvolvido polo Concello e a asociación AGADEA, que inclúe múltiples actividades e un servizo específico de detección do deterioro cognitivo e de recursos que aplicar para mitigalo. Desta volta a xornada porá o foco nas persoas coidadoras e no estrés emocional que implica este labor, que, segundo informa AGADEA, é “imprescindíbel xestionar de forma correcta”. Estas e outras cuestións serán tratadas por Alba Iglesias, psicoxerontóloga de AGADEA, nun faladoiro que terá lugar a semana vindeira.

– Martes 25 de outubro a partir das 17:00 h.
– Casa da República (Isorna).
– Cómpre chamar ao 672705053 para apuntarnos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.