Este novembro celébrase en Porto do Son un curso gratuíto de recursos e recomendacións para o adestramento

17 Outubro 2023

O Concello de Porto do Son achega este mes de novembro un curso de balde con recursos útiles para deportistas e para adestradores de deportistas. Trátase do curso Recomendacións para a preparación física e o adestramento, de catro horas de duración. Desenvolverase o 13 de novembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, no Viveiro de Empresas de Porto do Son. As inscricións están abertas até o 31 de outubro e poden facerse a través da conta de correo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal. O curso vén da man da Escola Galega de Saúde para Cidadáns en colaboración co Concello.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...