En Ribeira máis de 80 persoas van participar nas clases de castelán para estranxeiros

02 Outubro 2023

A concelleira de Educación de Ribeira, Cruz Rivadulla, acudiu este luns 2 de setembro á presentación das clases de castelán para estranxeiros que o IES no 1 de Ribeira organiza este centro docente de Coroso en colaboración coa concellería de Educación, Servizos Sociais Comunitarios, Cruz Vermella e Cáritas.

O curso, que xa conta con máis de 80 inscritos, estrutúrase en tres niveis: alfabetización (coñecementos básicos de lecto-escritura), nivel básico (para persoas que non teñen coñecementos previos ou estes son moi elementais) e nivel avanzado (para o alumnado que xa pode comunicarse de forma básica en español pero que quere mellorar as súas competencias).

“Estas clases son unha ferramenta fundamentla para facilitar a integración e o entendemento cultural de toda a xente que busca emprego na nosa localidade”, afirmou a concelleira Cruz Ruvadulla.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.