O domingo Galicia quedará na influencia das baixas presións situadas ao sur de Portugal. Polo tanto, teremos o ceo parcialmente nubrado con precipitacións que se moverán de sur a norte co avance do día. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente sur, con intervalos de moderado entre A Guarda e Fisterra. Pola noite o vento será forte do noroeste.
O luns as baixas presións quedarán situadas sobre o Cantábrico, deixando a Galicia cun réxime de ventos do noreste que traerán aire máis frío. Así, os ceos estarán nubrados, con chuvascos probables en calquera punto da Comunidaade que irán remitindo cara á noite. As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado do noroeste no interior e forte no litoral.
Atención para luns 23 Vento no mar forza 7 no litoral.

meteogalicia
O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sur á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 4 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



