“Diferenzas entre ver e mirar” – Manuel Domínguez

12 Outubro 2023

Ver significa “percibir” a través da vista. Vemos grazas á luz. Se tes os ollos abertos, entón percibes, ves, o que está diante dos teus ollos.

Mirar, en cambio, é dirixir a vista, os ollos, nunha dirección ou cara a un obxecto.

Vemos un oviño insignificante do tamaño da uña do teu dedo maimiño, poderiamos tiralo, pisalo ou ignoralo e deixar seguir o seu camiño, o que hoxe vemos é un pequeno ovo, pero non sabemos que será mañá se deixamos que siga o curso da vida.

Ese ovo mañá será unha eiruga, nada para uns e fermoso para outros, máis tarde converterase nunha crisálide, nada que nos diga, ou mostre interese, pero non sabemos que dese crisálide sairá unha fermosa bolboreta, que nos chamara a atención.

Con isto quero dicir que observamos a un neno duns 10 anos, tímido, retraído, ou un mozo de 16 anos, mais ben calado, introvertido, retraído e xulgamos o que hoxe é coma se iso indicase o futuro.

Estamos a ver o que hoxe é, non vemos o que será o mañá, o presente non sempre determina o mañá.
As mareas podemos controlalas, saber cando é a alta e a baixa, pero a persoa é un ser pensante, cheo de ansias, con capacidade de decidir.

“Eu son eu e as miñas circunstancias” José Ortega e Gasset.

Entón cambian as circunstancias da vida e velaquí que aquel neno tímido e retraído, hoxe é un empresario ou un actor de cinema, ou un político, cansado de dircursear en público.

Miramos, pero non vemos, isto que digo podemos observalo e se facemos memoria vemos o que eran e o que son, quen pensaría que aquel mozo ou aquela rapariga que se poñía vermello ao falar é hoxe quen admiro, pola súa valentía de superación.

Xa vemos aquel oviño insignificante, hoxe é esa bela bolboreta que nos chama a atención.

A vida, como as moedas ou as follas das árbores ten dúas faces, anverso e reverso, mentres vemos unha non podemos ver a outra, ou si, hai persoas que teñen o don ou a calidade de mirar o horizonte e esperar.

Porque non é o que es, senón o que serás. E es sendo.

Es o que es porque fuches.

Se hoxe é hoxe é porque houbo un onte, e esperamos o mañá.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.