Sonia Martínez Domínguez, de 49 anos e veciña de Areeiros no Touro en Ribeira, leva desaparecida desde a tarde do pasado xoves. O seu fillo, en declaracións a La Voz de Galicia, explica que é moi raro que a súa nai leve tantos días sen dar sinais de vida, e as poucas pistas que lle chegan sobre persoas que aseguran vela non son demasiado halagüeñas. O luns puxo a denuncia pola súa desaparición na Policía Nacional e SOS Desaparecidos está a difundir a súa foto para tentar dar co seu paradoiro.
« A policía non sabe nada deles e tampouco aparece ou coche non que ían, un BMW». Aínda que non sabe se estas pistas son fiables, o mozo está moi preocupado: «Teño sospeitas de que o puidera terlle feito algo a miña nai». Por se alguén a ve, SOS Desaparecidos ten habilitados os teléfonos 649 952 957 e 617 126 909. Segundo consta no aviso publicado, Sonia é de complexión delgada, ten o pelo castaño e ondulado e ollos castaños e mide entre 1,62 e 1,64.




