DAGA Barbanza organiza este sábado na Pobra unha xornada de apicultura (preparación de colmeas de cara ao inverno)

10 Outubro 2023

A Asociación Galega de Apicultura, a través de DAGA Barbanza, vai organizar este sábado 14 de outubro unha actividade centrada na cultura do mel e das abellas, a partir das 10.00 horas. A xornada, que ten prazas limitadas, consistirá nun traballo colectivo (e de formación e divulgación) arredor da preparación das colmeas das abellas con vistas á invernada, e tamén porase o foco en como facer o control e a xestión do parasito varroa, que afecta aos enxames en diferentes estados do desenvolvemento das abellas. A cita será na Pobra do Caramiñal, entre as 10.00 e as 19.30 horas. Cómpre facer as inscricións no teléfono 609 831 755. O custe para socios será de 5 euros, e de 20 para non socios.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...