Cultura da Deputación presenta en Boiro o libro “A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura”

27 Outubro 2023

O Pazo de Goiáns acolleu este venres 27 de outubro pola tarde a presentación do libro A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura, publicado pola Deputación da Coruña. A obra achega unha reflexión sobre a situación actual da xestión cultural en Galicia, e as novas tendencias e o camiño que se debe seguir no sector.

A deputada de Cultura, Natividad de Jesús González, foi a encargada de presentar a publicación, acompañada do alcalde de Boiro, José Ramón Romero; a concelleira de cultura de Boiro, María Outeiral; o coordinador de Barbantia, Pastor Rodríguez e o coordinador do volume, Alberto García nun acto organizado pola Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña e La Voz de Galicia.

Segundo indicaron, trátase dun libro chamado “a converterse nunha ferramenta para profesionais e outros axentes culturais da provincia”. Conta con dez capítulos que tratan de dereitos e de políticas culturais, de tendencias actuais (sustentabilidade, accesibilidade ou igualdade en cultura) e tamén do estado no que se atopan sectores como a danza, o teatro, a poesía, os festivais de música, as bibliotecas ou os museos locais, entre outros.

Coordinado polo técnico e dinamizador sociocultural Alberto de Boiro, recopila os contidos das quince xornadas que a Deputación organizou nos últimos cinco anos baixo o lema A cultura é un dereito, onde máis de 150 profesionais de referencia, como Xavier Campos, Sabela Mendoza, Marcos Lorenzo, Encarna Lago, Sergio Lago, Clara R. Cordeiro, Roberto Pascual, Sivia Fiallega, Fran Quiroga, Andra Barreira, Carlos Lorenzo, Arancha Estévez, María Baqueiro ou o propio Alberto de Boiro, interviñeron en diferentes formatos que se poden ler ou ver de novo seguindo os enlaces que inclúe a publicación.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso da área de cultura da Deputación da Coruña de “contribuír á actualización do modelo cultural do presente e do futuro, entendendo a cultura como un dereito cidadán e atendendo á súa capacidade de transformación social”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.