CONGALSA presenta no espazo expositor de Conxemar referencias novas para o sector HORECA

03 Outubro 2023

Un ano máis, a firma pobrense Congalsa, empresa referente nos produtos do mar e en innovación tecnolóxica, está presente na prestixiosa feira CONXEMAR que abre as súas portas este martes 3 de outubro e que este ano celebra a súa 24ª edición baixo o lema Blue Transformation. Desta volta, a empresa con sede principal no Polígono da Tomada pon o foco nas súas solucións destinadas á canle HORECA (siglas de Hostalería, Restauración e Cafeterías) e está a aproveitar a súa presenza nesta feira para presentar referencias novas recentemente incorporadas ao seu catálogo de produtos, tales como pasteis de bacallau, ou croquetas portuguesas de tenreira.

O espazo expositor de CONGALSA en Conxemar 2023, de 100 metros cadrados, dispón de dúas plantas e destaca pola súa renovada e actual imaxe, combinando materiais como madeira ou cordas que simulen cabos de barco co obxectivo de facer unha homenaxe ao mar, fonte da que proceden unha gran parte das súas materias primas.

Fontes da empresa informaron que a previsión é manter unhas 300 reunións con clientes (actuais e potenciais), provedores nacionais e internacionais, e representantes doutras entidades colaboradores, así como recibir visitas institucionais ao máximo nivel.

Degustacións de produto

Xunto a isto, na caseta da feira, que CONGALSA comparte con Sulpasteis (empresa do grupo), realízanse demostracións e degustacións de produto elaborando receitas baseadas nas novas solucións alimentarias que este ano presenta a empresa. Para poñer en valor todas estas novidades a firma concibiu unha campaña de promoción, activada xa en días previos, baixo o slogan Oído CONGALSA. Neste sentido, Julio Simarro, director comercial e de mercadotecnia da compañía, afirma que “aínda que o noso propósito central deste ano é dar visibilidade ás solucións que desde CONGALSA ofrecemos ao segmento HORECA, a través da marca Ibercook Food Service, tamén aproveitamos para dar a coñecer dun modo integral o potencial comercial de todo o noso proxecto corporativo, divulgando as diferentes gamas de alimentación que ofrecemos ao mercado”.

Filosofía de Oído CONGALSA

Con Oído CONGALSA, a empresa ponse unha vez máis na pel dos hostaleiros e distribuidores da canle HORECA para tentar adiantarse ás súas necesidades, propoñendo produtos de alta calidade capaces de facilitar o traballo diario dos profesionais, mellorando a súa eficiencia e achegando solucións diferenciadoras que engaiolen aos seus clientes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...