Esta semana empeza a xira de outono de Iphixenia na porta do súper, espectáculo teatral da Compañía Humana que propón un monólogo adaptado do galés Gary Owen no que se fai un paralelismo entre o sacrificio de Iphixenia do mito clásico e unha moza de barrio actual, sen recursos, que sofre en primeira persoa as consecuencias da falta de médicos e de recortes sociais. A peza, que recala en Boiro o día 2 de novembro, está interpretada pola actriz Alba Caneda baixo a dirección de Sara Rey, quen dirixiu para o Centro Dramático Galego unha das pezas do proxecto Shakespeare en Roma. O espazo escénico e iluminación están deseñados por María Torres e Carmen Casal (As dúas e punto), e o espazo sonoro a cargo do compositor Marcos Grandal.

Iphixenia na porta do súper, como dixemos, é a versión en galego de Iphigenia in Splott, un texto do galés Gary Owen que fai un paralelismo entre o sacrificio da Iphixenia do mito clásico e dunha moza de barrio actual, sen recursos, que sofre en primeira persoa as consecuencias da falta de médicos e de recortes sociais. Premiado como o mellor texto teatral de 2015 no Reino Unido o aclamado monólogo pódese ver por primeira vez en Galicia e en galego.
Xira
05/10 O Barco de Valdeorras
06/10 Tui
15/10 Vila de Cruces
22/10 Carballo (FIOT)
03/11 Boiro
10/11 As Pontes
18/11 O Grove
24/11 Foz
25/11 A Guarda



