Dende esta fin de semana do 7 e o 8 de outubro e durante os vindeiros días o Concello de Rianxo levará a cabo tarefas de mellora e acondicionamento na zona de ocio infantil do céntrico parque de Galicia, poñendo a punto os brinquedos deteriorados e as contornas comúns máis desgastadas polo uso e o paso do tempo. Dende o Concello explican “para maior seguridade” non se permitirá o acceso á zona os días que duren os traballos durante este mes de outubro.




