Unha muller falece tras ser alcanzada por un vehículo na AC-550, na recta de Xiao, no Freixo, Outes.
A información sobre este suceso chegou á central do 112 Galicia cando faltaban uns minutos para o mediodía. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daban o aviso logo de enviar ao lugar do accidente unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.
Nada puido facerse para salvar a vida desta persoa, tal e como indicou o equipo médico pouco tempo despois.
Con todo, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración doutros grupos de intervención como os axentes da Garda Civil de Tráfico ou os membros do GES de Noia e Protección Civil de Outes.
Trátase do segundo atropelo mortal do que vai de xornada. Na madrugada de hoxe, outra persoa faleceu en Santiago en circunstancia semellantes.




