
Do medo ao optimismo. Do “imos quedar sen nada” á realidade do día a día. Eu non confiaba, agora desexo que se cumpran as previsións.
A produción global de 2 millóns de toneladas anuais de biocombustibles a partir do ano 2030 é o obxectivo que pretende acadar a compañía Repsol no seu complexo industrial de Meicende (A Coruña). Esta empresa ábrese ás tecnoloxías verdes cos seus proxectos co biometano, o hidróxeno e uns biocombustibles logrados a partir do aceite de cociña.
A petroleira e a Xunta manteñen desde fai pouco un convenio mediante o que a empresa habilitará puntos de recolleita destes resíduos polos que, en troques, pagará 30 céntimos o litro.
A folla de ruta de Repsol pretende transformar o esquema loxístico do complexo industrial da Coruña após inaugurar o pasado mes de marzo a súa nova terminal en Punta Langosteira, a onde se trasladarán os traballos de descarga, históricamente centralizados no peirao interior, para o que a compañía adicou 126 millóns de euros.
O pantalán ten capacidade de atraque para buques de ata 200.000 toneladas e está unido á refinaría de Bens a través dun poliducto, co punto de mira posto en futuras ampliacións das instalacións que ten en Punta Langosteira (Porto Exterior) en función da súa toma de decisións e a chegada de fondos comunitarios.
Estas novas instalacións converteranse nunha peza da engranaxe do proxecto de biocombustibles de Repsol en Galicia, sen desbotar un posible proxecto de “district heating” ou calefacción urbana, un sistema de produción centralizada de calor e para a súa posterior distribución a través dunha rede de tuberías.
Tamén proxecta un biocombustible sostible, o “biojet”, que misturado co queroseno convencional, permite unha redución significativa das emisións netas dun avión.
Esta tecnoloxía non é descoñecida para a empresa, que xa produciu os primeiros lotes de “biojet” no complexo industrial de Bilbao no ano 2020 como primeiro paso no seu obxectivo de acadar a neutralidade en carbono no 2050.
En clave coruñesa, Repsol subiu o ritmo de produción de biocombustibles no seu complexo industrial de Meicende e, de feito, segundo informa Economía Digital Galicia, nos últimos meses cumpriu varios fitos. Entre estes, a estrea o pasado verán dun descargadoiro de cisternas para depositar o aceite usado, e o anuncio de proceder no municipio de Coirós a instalar a primeira estación de servicio onde se poderá repostar combustible 100% renova.
O complexo industrial de Repsol da Coruña utilizou en 2022 máis de 195.000 toneladas de materia prima de distintos tipos para fabricar biocombustibles, coa previsión de acadar este ano un aumento do 30% ata lograr as 265.000 toneladas.



