“Ardendo” – Xulio Xiz

18 Outubro 2023

Cando escribo, Israel está a punto de invadir Gaza, Gonzalo Caballero renuncia ás primarias, comeza a chover e rematou o San Froilán. Xa estamos, de novo, en faena.

As cálidas festas tivéronnos absorbidos, e para completar esa abdución os técnicos aplicáronlles ás músicas similar incremento de decibelios que o mercado aplica á cesta da compra. O son foi especialmente horrísono na Mosqueira e na praza do Seminario, de xeito que os espectadores sensibles percibíamos no peito impactos sonoros físicos, tendo que afastarnos douscentos metros para escoitar axeitadamente os altofalantes.

Remataron as festas; recuperarémonos das agresións sonoras. Comeza a chover; volvemos a crer no outono. Vaise Caballero; a gran esperanza vermella ten o camiño libre. Hai guerra na terra de Deus, e non hai deus que sexa quen de parala.

Non cadran as contas: Ser terrorista non equivale a ser parvo. Un terrorista aplica o terror selectivamente para manter os apoios ou tolerancias, por iso non entendo que Hamas desatara contra Israel un ataque masivo sangrante, repugnante e pensase saír ben do intento.

Os peor pensados poden cavilar que foi un desatino de extremistas israelís para xustificar outro desatino masivo. Os non tan maquiavélicos, poden estimalo o primeiro acto dunha traxedia á que poderían sumarse outros países da contorna, tentando borrar Israel do mapa. Pero aplicando o sentidiño que os galegos vimos herdando, non se lle ve sentido ao desafío, doéndonos dos inocentes que o sufriron, e dos que sufran un varapau descomunal, sabendo de parte de quen hai que poñerse, e de que o imperio da razón non é a razón da forza. Empeza o frío, pero isto está ardendo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...