AGADEA achega en Rianxo unha charla sobre terapias non farmacolóxica para persoas maiores

09 Outubro 2023

Este martes 10 de outubro a psicóloga de AGADEA Alzhéimer Alba Iglesias e a traballadora social Laura Somoza impartirán en Rianxo a charla Recursos e terapias non farmacolóxicas, dirixida a mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores a través de metodoloxías opostas á sobremedicación.

Podemos inscribirnos na actividade enviando un correo co noso nome e os nosos apelidos a cdiaribeira@xunta.gal ou nos Servizos Sociais do Concello de Rianxo. Desenvolverase no Centro Social Liceo de Rianxo, a partir das 17.00 horas (até as 19.00).

A actividade forma parte do intenso programa de iniciativas que prepararon o Concello e AGADEA para esta tempada. Este programa inclúe a posta en funcionamento dun centro terapéutico para persoas con alzhéimer e procesos de deterioro cognitiva (anunciada o mes pasado polo Goberno de Julián Bustelo, con inicio fixado para outubro) e actividades concretas para mellorar a atención e a saúde dos maiores do concello, a través do ciclo Activa a túa Mente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...