Activada alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

26 Outubro 2023

Agárdase vento do oeste ou suroeste de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 7 metros.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar para esta tarde unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico por ventos comezará a partir das 18,00 horas e afectará a toda a costa da Coruña e ás Rías Baixas de Pontevedra. Agárdase vento do oeste ou suroeste de forza 7, que pode chegar a forza 8 entre Ortegal e Bares, así como mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de ata 7 metros. No resto do litoral galego, a alerta será de nivel amarelo por ventos do suroeste forza 7 e ondas de ata 5 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

Outros artigos

Luns con chuvascos intermitentes diminuindo pola tarde

Tras o paso da fronte da xornada anterior, Galicia queda este luns na área de chuvascos. Agárdase unha xornada de ceo cambiante e chuvias intermitentes que irán remitindo ao final do día; poderán ser de neve por riba dos 1200 metros. As temperaturas seguirán sen...

+

Domingo regresan as chuvias a partir do mediodía

Unha fronte irase achegando a Galicia durante este día, afectando xa a toda a Comunidade nas últimas horas da xornada. Con esta situación, agárdanse ceos con abundantes nubes no oeste, con apertura de claros ocasionais no resto. As chuvias comezarán xa pola mañá no...

+

Domingo con alerta laranxa nas rias baixas desde as 15 horas

Unha borrasca ao nordés de Galicia pon en alerta por forte vento ao litoral este domingo A presenza dunha borrasca ao noroeste de Galicia deixará forte vento no mar este domingo, con intervalos de forza 8 entre A Guarda e Sisargas. En terra espéranse refachos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...