Abre ao público a exposición que repasa os 25 anos das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán na Pobra

20 Outubro 2023

Instantáneas que poñen o foco nas persoas asistentes ás Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal ao longo dos seus vinte e cinco anos de historia e que capturan momentos clave destas xornadas. Esta é a cerna da mostra fotográfica que acubilla estes días a Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ao abeiro da programación do outubro valleinclaniano. Trátase dunha fotocronoloxía elaborada con fondos do propio museo baixo o título 25 anos de cultura valleinclaniana e constitúe a primeira das dúas exposicións configuradas para a vixésimo quinta edición das ditas xornadas de divulgación e de valorización.

Acompañado da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, o público coñeceu máis polo miúdo algunhas das cen imaxes durante a inauguración que tivo lugar na tarde do día 19 de outubro.

As visitas pódense efectuar ata finais de mes, de luns a venres, en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

O programa das XXV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán continúa nesta fin de semana. No apartado dos relatorios, Teresa Bretal Martínez, profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña e compositora, disertará neste venres 20 sobre Como facer música da obra de Valle-Inclán: a ópera Divinas palabras de García Abril. Será ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Xa no sábado 21 haberá unha dobre cita no dito auditorio. Primeiramente, ás 20.00 horas, presentarase o libro La España Tradicional, de Ramón del Valle-Inclán; unha edición a cargo de Xaquín del Valle-Inclán Alsina que publica o Foro Galicia e Valle-Inclán. Deseguido, ás 20.30 horas, o grupo Ouriol (con Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez) combinará poesía, música e pintura no recital Claves líricas.

E a dramaturxia chegará no domingo 22 con Cía. Sala Negra, compañía que representará sobre as táboas do Teatro Cine Elma, ás 19.30 horas, a función Esperpento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.