A sede de Amicos converteuse nunha “arrepiante” festa de disfraces

31 Outubro 2023

Coa chegada do Samaín, os zombies fixéronse co Centro de Atención Integral de Amicos en Boiro este martes, 31 de outubro. Durante a mañá, as e os integrantes da comunidade de Amicos participaron nun concurso de baile, para o que se caracterizaron e bailaron como os personaxes do mítico vídeo-clip Thriller de Michael Jackson. A festa contou tamén cun desfile e coa celebración dun concurso de cabazas e outro de disfraces, nos que tamén participou a rapazada do Centro de Educación Especial de Oleiros que, xunto a varias familias, uníronse á celebración.

A xornada máis terrorífica do ano comezou ben cedo para os amicos e amicas, que se someteron a unha longa sesión de maquillaxe e caracterización para poñerse na pel dos aterradores zombies de Thriller, temática escollida este ano para a festa deste 1 de novembro. Así o fixeron tamén os pequechos do centro de Ribeira, que sorprenderon cuns disfraces do máis terroríficos.

A festa deu comezo sobre as 12.20 horas, cun arrepiante desfile polos corredores do centro no que non faltaron a música e os sustos. A continuación, os dous grupos de baile dos beneficiarios do CAI de Boiro versionaron o coñecido tema de Michael Jackson. Todo baixo a atenta mirada dun gran número de familiares, que desfrutaron ao máximo do espírito escuro da xornada.

Tralas actuacións, o xurado formado por tres membros das familias elixidos ao azar entre o público, escolleu ao equipo de peques de Oleiros como o gañador do premio ao mellor disfrace e ao grupo da Fábrica Social como os mellores bailaríns. Por outra banda, as cabazas gañadoras do concurso foron a de Domingos e a de Yassin, Macarena e Adriana.

A diversión continuou pola tarde, despois dunha comida terrorífica, cunha serie de xogos temáticos e bailes de estilo libre.

Preparándose para o Samaín

Durante esta última semana, a sede de Amicos en Comoxo (Boiro) foise convertendo nun verdadeiro cemiterio grazas ao labor e creatividade tanto dos mozos e mozas como do equipo da asociación.

Ao longo da semana, varios obradoiros xiraron en torno á confección dos disfraces e a elaboración da decoración que adorna o centro. Os beneficiarios tamén puideron coñecer da man dos técnicos a orixe desta festa, que se remonta á celebración coa que os celtas festexaban o final do verán e lle daban a benvida ao inverno, para eles a época escura do ano en todos os sensos.

Os beneficiarios tamén participaron nunha das actividades máis tradicionais do Samaín, a decoración de cabazas, que foron expostas no corredor principal do centro de Comoxo.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.