A sede de Amicos en Oleiros (Ribeira) abre as súas portas ao público cunha xornada festiva

06 Outubro 2023

Na mañá do día deste venres 6 de outubro o Centro de Educación Especial de Amicos (Oleiros, Ribeira) abriu as súas postas para realizar un evento moi especial: a súa II Xornada de Portas Abertas. Con esta actividade a asociación anti-barreiras da nosa comarca quixo “destacar a importancia da inclusión dos estudantes con necesidades especiais no sistema educativo”. En Amicos, engadiron, “esforzámonos por crear un ambiente acolledor e adaptativo para cada estudante”.

Os visitantes puideron obter unha visión completa das instalacións e recursos da asociación barbanzá, incluíndo aulas adaptadas, áreas de terapia e tecnoloxía especializada que apoia a aprendizaxe dos estudantes. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer a fondo as instalacións de Amicos, interactuar cos profesionais da entidade e obter información detallada sobre os programas da entidade e comprobar o compromiso e o apoio académico, social e emocional que ofrece a cada estudante.

Algúns dos aspectos destacados na xornada de portas abertas foron:

-A presentación dos programas de educación individualizada. O equipo de profesionais da Educación Especial ensinaron como abordan as necesidades específicas do alumnado.

-Dende o CEEPR explicaron o compromiso coa inclusión, xa que se promove activamente a interacción entre o alumnado de Educación Especial e os seus compañeiros e compañeiras de contornas educativas regulares: “Dende Amicos sabemos que esta inclusión enriquece a experiencia educativa de todas e todos os estudantes e que promove a comprensión e o respecto mutuo”.

-Tamén se deu a coñecer o distintivo Blue School da Unión Europea, grazas o proxecto Re-Mar.

-Por último presentouse o Equipo Badaboom, a iniciativa innovadora que proporciona espazos que promoven a actividade física, o xogo activo, a inclusión (deseñando espazos de xogo accesíbeis para todos e todas independentemente das súas necesidades físicas ou especiais).

Nuria Fernández, coordinadora del centro, comezou expresando o seu profundo agradecemento a todos os visitantes que formaron parte desta xornada “tan importante para nós”. E engadiu: “Sabemos que a Educación Especial é unha responsabilidade importante, e estamos comprometidos a proporcionar o apoio adaptado as distintas necesidades e ofrecendo unha educación inclusiva onde os seus fillos, familiares ou amigos poidan aprender e prosperar na súa vida diaria”.

O equipo de Amicos convidou aos asistentes “á II xornada de portas abertas que realizaremos o próximo día 21 de outubro de 11:30 a 13:00h no Centro Integral Amicos en Comoxo, Boiro”, sinalaron.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...