A saúde centrará unha charla no Teatro Cine Elma (A Pobra)

02 Outubro 2023

O doutor Gustavo Barja impartirá na Pobra do Caramiñal a charla As causas do envellecemento e as enfermidades dexenerativas. Vitaminas e minerais esenciais para conserva-la saúde. Este coloquio terá lugar no 6 de outubro, ás 20.00 horas, no Teatro Cine Elma.

Trátase dunha actividade que impulsa a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal xunto con Ler Librerías para ofrecerlle coñecementos á cidadanía que poidan contribuír á mellora da súa calidade de vida, segundo indica a edil Patricia Lojo.

O relator é catedrático de Fisioloxía na Universidade Complutense de Madrid, académico na Real Academia Nacional de Farmacia de España e investigador científico do envellecemento, a lonxevidade e a evolución biolóxica.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.