A Policía de Ribeira velará polo cumprimento da normativa sobre a recollida de excrementos de animais domésticos

17 Outubro 2023

A Policía Local de Ribeira comezou estes días unha campaña enfocada no cumprimento da actual normativa sobre a recollida de excrementos de cans e outros animais domésticos no municipio. Segundo afirma o rexedor, Luís Pérez Barral, “o propósito desta iniciativa é promover unha contorna limpa e saudábel para tódolos residentes e visitantes de Ribeira, así como garantir o benestar das nosas mascotas.”

O rexedor lembrou a este respecto o estipulado na normativa vixente, na que se di que as persoas propietarias ou posuidoras de animais teñen a obriga legal de recoller os excrementos que os animais depositen. Así, a non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía supón unha infracción administrativa tipificada no artigo 38.i) da Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, podendo ser sancionada con apercibimento ou sanción económica.

Deste xeito; lémbrase aos cidadáns a importancia de recoller os excrementos dos seus animais e depositalos nos contedores correspondentes; e farase fincapé na aplicación de sancións económicas en caso de incumprimento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.