A Pobra quece motores cara ao Nadal cun taller vermú de decoración e attrezzo para a hostalaría e o comercio

30 Outubro 2023

A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal leva xa un tempo inmersa na preparación do Nadal. Con relación a isto, a concelleira desta área,
Amparo Cerecedo, explica que o obxectivo deste ano é confeccionar esta época festiva coa implicación dos diferentes actores sociais da  localidade.
Neste senso, a Administración local organiza un taller vermú de decoración e attrezzo dirixido aos sectores da hostalaría e do comercio.
Esta acción lúdico-formativa desenvolverase no 5 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no restaurante Nojira.
Ofrécese un total de 20 prazas que se cubrirán por orde a través do teléfono de contacto 981377625 ou do enderezo electrónico aedl@apobra.gal, ata as 14.00 horas do día 3 de novembro.

 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.