A Mostra de Curtas Vila de Noia renderá homenaxe ao actor galego Javier Gutiérrez

17 Outubro 2023

A semana pasada presentouse ante os medios de comunicación a programación da XXIV Mostra de Curtas Vila de Noia, cuxa sección oficial desenvolverase entre o 1 e o 11 de novembro. O programa de estreas inclúe a proxección de filmes tan agardados como Amigos hasta la muerte, o debut do galego Javier Veiga, ou a celebración dunha xornada que leva o nome Cousas de aquí e que servirá como escaparate para os traballos locais.

Ademais, farase entrega do Premio Honorífico da Mostra, que este ano será entregado ao actor galego Javier Gutiérrez, gañador de dous premios Goya e natural de Ferrol. Ten protagonizado grandes éxitos (de público e artísticos) do cinema español recente, como por exemplo Durante la tormenta (2018), de Oriol Paulo; Campeones (2018), de Javier Fesser; ou El olivo (2016), de Icíar Bollaín. Tamén protagonizo, entre outras moitas, O descoñecido (2015), do galego Dani de la Torre, rodada na Coruña.

O actor Javier Gutiérrez recibirá un galardón honorífico

Na presentación dos detalles do festival noiés tamén estivo presente o autor do cartel, Xosé Luis Axeitos.

Máis información (puntual e actualizada) no Facebook do certame.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.