A escritora Antía Yáñez convida á rapazada de Dodro a un xogo literario de pistas (o día 16 na Casa da Cultura)

08 Outubro 2023

A Casa da Cultura de Dodro ten o vindeiro 16 de outubro unha cita co misterio. Será da man da narradora e escritora Antía Yáñez que representará un espectáculo a medio camiño entre narración e xogo de pistas: As rescatadoras. Trátase dunha función para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos. A rapazada pode anotarse até o día 11 de outubro na Casa da Cultura 981 802 472.

Da man de Antía os cativos participarán nun xogo de pistas: nel, a rapazada descubrirá a súa biblioteca ou a súa casa da cultura desde unha nova perspectiva: contarán coa axuda das escritoras, as ilustradoras, as personaxes dos libros alí acubillados para resolver o misterio propostos e seguir as pistas de forma correcta para chegar á solución do enigma.

Outros artigos

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...