A Comunidade de Montes de Nebra organiza o 28 de outubro un curso sobre cogomelos

23 Outubro 2023

A Comunidade de Montes de Nebra (Porto do Son) vai organizar este mes de outubro unha actividade formativa sobre cogomelos a través da cal mostraranse aos asistentes diferentes métodos prácticos para identificalos, cales son os que teñen máis presenza na nosa terra, cales as mellores épocas do ano (e condicións para recollelos) e que propiedades culinarias atesoura cada tipo de fungo. A cita será o 28 de outubro. Será impartida polo experto na materia Suso Montero. A xornada inclúe unha vertente teórico-práctica, unha degustación, unha saída ao monte e un obradoiro de cociñado. As prazas son limitadas. A actividade celebrarase no Local Veciñal de Nebra e na súa contorna. Podemos solicitar máis información nos teléfonos da Comunidade De Montes De Nebra: 659060548 e 722740563.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.